sábado, 19 de enero de 2013

Manicura francesa con prateado


¡Moi bos dias! Hoxe vouvos falar outra vez de unllas. Pouco a pouco voulle pillando o truco a esto do Art Nail. Ademais, cada vez teño mais cores, pinceis e demais materiais que me facilitan a tarea. Hai veces que fago fozadas horribles, pero por sorte hai veces que me quedan cousas moi chulas, como o deseño que vos vou ensinar hoxe. Ou polo menos a min parécenme chulas.
No Nadal agenceime cun esmalte negro para facer decoracións, que xa trae un pincel moi finiño. E tamén cun esmalte prateado, que me encanta. Con estes, mais o salmón e o transparente que uso sempre para facerme a manicura francesa, fillen este deseño.
Para empezar, pinteinas coa base salmón do meu kit da francesa. Unha vez que secou, usei o prateado. Con el pintei a punta das unllas, pero en vez de recto coma coa francesa, fixen primeiro unha pincelada recta, e despois unha a un lado, facendo unha curva. Cando secou, co pincel finiño do esmalte negro, fixen unha liña marcando donde remata o esmalte gris. Despois cubrino todo co transparnte para fixar. ¡E xa está! Para min, un diseño sencillo e elegante. Se usades putra cor en vez do prateado tamén debería quedar ben. Todo é cuestión de ir probando. O que pasa é que eu estou namorada deste esmalte, e ultimamente no paro de usalo ata atopar deseños nos que vaia ben. 
Espero que vos gustase. ¡Saúdos!

jueves, 17 de enero de 2013

Una vacante imprevista - J. K. Rowling

Portada
Esta é a primeira novel de Rowling depois da exitosa saga de Harry Potter, Desta vez, céntrase nun público adulto e alónxase da fantasía maila maxia que tan famosa a fixeron. Eu de recoñecer que o lin por ser de quen era. Se fose dun autor que non coñecese non creo que lle dese unha oportunidade, o cal sería un gran erro.  Ao principio, é todo un pouco lioso con tanto persoaxe novo de golpe, pero unha vez que te situas, engancha e non podes parar de ler.

  • Sinopsis
A historia desta primeira obra de Rowling para adultos céntrase na historia de Pagford, un pobiño imaxinario do sudeste de Inglaterra onde a súbita morte dun concelleiro desata unha feroz pugna entre as forzas vivas do pobo para facerse co posto do falecido, factor clave para resolverr un antigo litixo territorial.
A minuciosa descrición das virtudes e miserias dos persoaxes conforman un microcosmos tan intenso como revelador dos obstáculos que lastran calqueira proxecto de convivencia, e, ao mesmo tempo, debuxan un divertido e polifacético mostrario da infinita variedad do xénero humano.
Sin que o lector apenas o perciba, Rowling consegue involucralo en temas de profundo calado mentras o conduce sen pausa a un sorprendente desenlace final.
  • A miña opinión.
Para min, é unha historia magnífica, moi ben contada. Erróneamente foi publicitada como unha novela de humor e misterio, e non ten nin unha, nin a outra. É unha historia dura, que nos mostra o peor da sociedade tal cual, sen nengún tipo de maquillaxe: drogas, prostitución, familias rotas que fixen ser todo o contrario para aparentar ser algo que non son... Podése decir que é unha crítica ao sistema, a hipocresía, as ansias de poder, o amiguismo, aderezado con drogas, violencia, pero sen edulcorantes nin esaxeracións. Tamén nos mostra unha crítica á loita de clases: as familias de ben non queren que o barrio das pobres pertenza ao seu pobo, queren que forma parte do do lado.
E coma sempre, hai persoaxes que aborreces, e outros que adoras.O curioso é que o protagonista absoluto sexa un morto, que so está presente nos recordos dos demais persoaxes.
Como curiosidade teño que decir que hubo un momento que temín que Rowling cometese o erro de darlle un final feliz (o cal non quedaría ben tendo en conta o desarrollo da historia). Por suposto equivoquinme. Se é que despois de haber lido a saga de Harry Potter e visto o dura que foi Rowling, so a min se me ocurre pensar nun feliz de "e foron felices e comeron perdices".
Aos que non léstedes a saga potteriana por que non vos atrae o xénero, vos animo a darlle unha oportunidade a esta autora, que demostrou ser moi boa. E aos fans de potter tamén lles recomendo que a lean, que ainda que cambia de xénero radicalmente, a historia está moi ben e conserva a súa forma de escribir.
¡Ata pronto!