domingo, 16 de diciembre de 2012

Manicura gatuna.

¡Moi boas! ¿Qué tal? Eu a puntiño de rematar os exames: mañán teño o último. Nos vexades que ganas teño xa de pillar as vacacións. ¡Necesito descansar! O malo é que ainda que remate os exames, seguirei tendo clase normal ata o venres. 
Hoxe vou volver a falarvos de manicura. Desta volta unha un tanto gatuna: un gato e pisadas de gatos. Necesitades material para manicura francesa, pintaunllas negro e rosa, e palillos dos dentes. O ideal sería usar pinceis moi finos especiais para manicura, pero como non teño pos tiro de imaxinación.
Unha vez feita a manicura francesa, toca empezar co "dificil". En primeiro lugar explicarievos como ficen as pegadas. Nun trociño de papel, botei un pouquichiño de nada de pintaunllas negro. Despois, cun palillo, píntase un círculo non moi grande, e rodeando a mitade superior deste, outros catro puntiños moito mais pequenos. O palillo o ides mollando no papel, como se fose unha paleta dun pintor. Podedes pintar dende ata varuas pegadas por unlla. Eu fago 2 ou 3, según a unlla. Unha vez que seque, botádelle unha capa de esmalte transparente para fixar. O resultado é unha cousa así:
Pegadas
Na unlla do dedo, ficen una gato: o autor das pegadas! Coma antes, primero facemos a menicura francesa. Despois, cerca do blanco da francesa, debuxamos un círculo grande co esmalte negro. Esta será a cara do gato. Pegado ao círculo e por riba do branco, debuxamos dúas liñas negras: as patiñas. E logo dous triángulos, un a cada lado, que serán as orellas. Despois faremos tamén un rabo, que será unha liña curva que ocupe o resto. Unha vez seco, toca facer os ollos: dous círculos brancos cun puntiño negro no medio. Con rosa, pintaremos por dentro as orellas e deixo dos ollos outro circuliño, que será a boca. ¡Tachán, xa temos o michiño! Coma antes, unha vez que esté seco pasaremos o esmalte transparente para fixar. O resultado é algo así (desculpade pero me quedou algo borrosa a foto):
Michiño
¡Animádevos a facela! A idea a saquei convinando dous tutorias que atopei en youtube. Volos deixo aquí por vos axudan mais que as miñas explicacións: pisadas e gato. Se vos animades a facela, xa me contaredes como vou saiu!! Saudoooos!

domingo, 9 de diciembre de 2012

Parque natural do río Barosa (Barro - Pontevedra).

Mapiña 
¡Moi boas! ¿Qué tal? Eu apuntiño de rematar os examenes e desfrutar dunhas merecidas vacacións. O malo é que ainda me queda o peor de todo. Pero tampouco vos pensedes que todo é estudiar estos días, algo de vida privada aínda me queda. Hoxe por exemplo, farta despois de haber estado toda a ponte encerrada na casa estudand, e aprobeitando que non chovía, decidín ir dar un paseo. En principio tiña pensado ir a Caldas de Reis, pero ao final rematei aquí: o parque natural do ría Barosa, en Barro. Pola carretera N550 dende Pontevedra a Caldas de Reis, a man dereita, xa está indicado. Ten moi bo acceso, aparcamento, un merendero moi chusco, baños e unha tapería que é un muiño reconstruido. 
O mais impresionante é a cascada cun desnivel duns 30 metros. E por supusto, ten unha ruta de sendeirismo sinalizada, ao longo do rio e con muiños. Ao estilo do Folón  e o Picón, pero non son tantos nin de lonxe. Segundo o cartel que me atopei na entrada, hai unha ruta circular, de intensidade media, que se tarda unhas duas horas en completar. Por desgraza non a puiden facer: nin tiña tempo, nin roupa nin calzado adecuados. Empecina, por eso de ver como era, pero ao pouco xa tiven que dar volta: estaba todo enlamado. Pero volverei mais adiante cando faga mellor tempo, toda ben equipada. ¡Que ten unha pinta boísima!

Por se volo preguntades: sí, facía frio. ¡E moito!